MUSIC.GAL

MÚSICA

CASTELAO, DE CHUMBO A VERBA (MARÍA do CEU)

Tema central do filme de Miguel López Castelao vive en Pontevedra.

COMPAÑEIRO DANIEL (SUSO VAAMONDE)

Poema de Darío X. Cabana titulado "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", musicado por Suso Vaamonde no seu disco "Nin rosmar un laído" (1977)

LELA (OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE. CASTELAO 1931-39)

AS VANGARDAS, OS MANIFESTOS E TRISTAN TZARA

A POESÍA DAS VANGARDAS

OS CÓBADOS NO BARANDAL de MANUEL ANTONIO, por EMILIO CAO

RECALADA de Manuel Antonio

NAVY BAR de MANUEL ANTONIO e a súa versión en prosa UNHA RÚA NUN PORTO LONXANO de CASTELAO

O CARTAFOL DO VENTO de MANUEL ANTONIO por MAITE DONO

SÓS de MANUEL ANTONIO recitado por MANUEL RIVAS

SÓS no antigo programa da CRTVG A TRABE DE OURO

A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA

EN PÉ de RAMÓN CABANILLAS interpretada por JUAN PARDO

POBRIÑA DA TOLA por JUAN PARDO e AMANCIO PRADA

NA MORTE DE CASTELAO de RAMÓN CABANILLAS por JUAN PARDO

NA MORTE DE CASTELAO de RAMÓN CABANILLAS

Irmán Daniel!
Na praia de Rianxo
caían como bágoas as estrelas,
espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas serras,
e ondas galgantes, en cramor, chegadas
da pratense ribeira,
contaban no areeiro que te foras
da sereidade pola plan vereda...
o camiño que nunca se desanda,
o vieiro sin fin...Na noite pecha
entréi pinal adiante, medoñento,
a ialma dun feitizo prisioneira.Fungaban os ramallos un responso,
brilaba a frouma verdecente acesa,
en velorio de honra ó teu relembro.Ergueitas cara ó ceo as ponlas, era
cada pino un cruceiro,
labra xenial da túa man maiestra,
e aquel forte e lanzal, que tempos idos
escoitou a túa prácida conversa
co sabidor e xurdioProfundador de voces milagreiras,
inquiréu delorido, en desespero:
¿De qué morte morréu a nosa prenda?
Atravesóume o peito
un dór punxente e esguío de saieta
e díxenlle a verdade crú, tinguindo
cunha pinga de sangue cada verba:Morreu do mul dos bós
e xenerosos !
Morréu de amor á Terra!