Que é a auga?

27/09/2017
Reproduzo unha anécdota que Nuccio Ordine conta que contaba un dos gurús dos 90, David Foster Wallace nun prestixioso College dos EEUU. Dous peixes novos van nadando pola Mar Océana. Atópanse cun peixe máis vello que vai en sentido contrario: . Os dous peixes novos responden ao saúdo e seguen nadando até que un deles pregunta: O meu propósito é o mesmo: chamar a atención sobre o feito de que na vida as realidades máis obvias e elementais son a miúdo as máis difíciles de percibir e as máis complexas de explicar. Igual que os dous peixes máis novos, nós tampouco nos decatamos de que é verdadeiramente en que vivimos (a sociedade, o capitalismo, o machismo, a familia, a política, a democracia... a lingua). Non temos conciencia real das ideas de democracia, de liberdade, de xustiza, de laicidade, de igualdade, de crítica, de tolerancia, de solidariedade e de ben común. Non somos conscientes de que é ser muller nunha sociedade machista ou de que é ser galego-falante nunha sociedade embebida polas linguas hexemónicas. Acostumamos perder de vista todo o esencial, que por estar en todas partes acaba volvéndose transparente, deixamos de percibilo. Os que habitamos en Compostela temos que lembrarnos, cada vez que pasamos pola praza do Obradoiro, "isto é a Catedral de Santiago". Esquecemos que a verdadeira liberdade require atención, sermos conscientes dela, e un sacrificio cotián para non perdela, para que non se volva transparente. De non facelo, volvémonos inconscientes, convertémonos nas ovellas do rabaño ou nas ratas do sumidoiro. Pero para poder derrubar os tixolos precisamos dos valores que implica a educación, non como instrución, non como acumulación de coñecemento, si como curiosidade, como atención á realidade, como observación, como análise, como interpretación de todo o que nos rodea e habitualmente permanece oculto á nosa vista porque .
Crie seu site grátis! Este site foi criado com Webnode. Crie um grátis para você também! Comece agora