ENSAIO

ENSAIO

No discurso de homenaxe pola publicación do libro, celebrado, como antes lembramos, o dous de xullo de 1944 no Prince George's Hall, Castelao pronunciou un memorable discurso onde ofrece un xuízo persoal sobre a súa propia traxectoria:

"Levo catro anos convivindo convosco e sabedes que non gosto de hipocresías nin de vaidades e que, xa que logo, podo permitirme o luxo de formular perante vós un xuizo sobre a miña obra e sobre min mesmo. Alá polo ano '18 dei a coñecer o meu álbum Nós, no que plasmaba as dores do pobo galego e as súas arelas de xustiza e liberdade, e ó veren que os meus debuxos abalaban o corazón das xentes máis e mellor que os versos e a prosa, daquela os caciques e os seus servidores acusáronme de literato (...) para desvalorizar a miña arte e por ende os meus sentimentos.

E despois de trinta anos, trinta anos de meditación e de experiencia, atrevinme a publicar un libro no que trato de elevar a categoría de idea o que no álbum Nós era puro sentimento, e ó veren que as miñas razóns abalan a conciencia galega, daquela exáltase a miña personalidade artística, esaxerándoa, co piadoso fin de desvalorizar a miña ideoloxía política. Claro está que eu non fun nunca un político profesional. A política non foi nunca a miña profesión, pero si a miña vocación, a vocación de toda a miña vida. Comparade o sentimento galego dos meus primeiros debuxos coa idea galeguista do meu recente libro e veredes que son unha mesma cousa, e veredes que eu souben conservarme idéntico a min mesmo e que a miña vida moral e política é unha liña recta como a franxa azul da nosa bandeira. Eu non cultivo xamais a arte pola arte. A arte para min non foi máis ca un elemento, un recurso, un medio de expresión, e co lapis ou a pluma só quixen ser un intérprete fiel do meu pobo, das súas dores e das súas esperanzas.

Debuxei sempre en galego, escribín sempre en galego e se tirades o que hai de galego e de humano na miña obra, non restaría nada dela".

A importancia do ensaio para a Xeración Nós, como instrumento didáctico

A modernidade chegou ao xornalismo da man da xeración Nós (Gustavo Luca de Tena)

...Nestes vinte anos (16-36) créase o ensaio galego en todos os ámbitos, para todos os temas: historia, xeografía, arqueoloxía, ciencias naturais, deportes, filosofía,... Nós e o Seminario de Estudos Galegos son xustamente os seus responsábeis, os seus promotores, e non dun xeito casual, nin desorganizado, senón cunha clara distribución de campos e tarefas.

Crie seu site grátis! Este site foi criado com Webnode. Crie um grátis para você também! Comece agora